OS ALUMNOS DE 6º DE E. PRIMARIA ELABORARON CON DIFERENTES MATERIAIS ORIXINAIS INSTRUMENTOS MUSICAIS.
O OBXECTIVO DA ACTIVIDADE CONSISTÍA EN DESEÑAR UN INSTRUMENTO MUSICAL, UTILIZANDO NA SÚA TOTALIDADE OU PARCIALMENTE MATERIAIS DE REFUGALLO, E POR SUPOSTO, QUE EMITIRAN ALGÚN TIPO DE SON DETERMINADO OU INDTERMINADO.
AVALIARÍASE A ORIXINALIDADE DO INSTRUMENTO, A SÚA ELABORACIÓN E COIDADO DETALLADO E FINALMENTE A EXECUCIÓN Á HORA DE TOCALO.
A CONTINUACIÓN HAI UN WIX QUE NOS AMOSA DETALLADAMENTE A ACTIVIDADE A DESENVOLVER NO APARTADO DE "TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA"
30 mar 2015
28 mar 2015
NIÑOS PARA PAXAROS
A ARTE PARA O SOSTENIBILIDADE DO NOSO PLANETA
Lograr un desenvolvemento sostible equivale a: reducir, reetulizar e reciclar; non destruír ecosistemas ao mesmo tempo que reducimos o número de residuos que xeramos; e ir cambiando cara un estilo de vida que non implique tantas diferenzas entre ricos e pobres. Os nosos alumnos poden facer moitas destas cousas.
Así xurde este proxecto de Ciencias da Natureza. Construímos niños para paxaros a partir de recipientes de brick que consumimos nas nosas casas diariamente.
Os materiais que utilizamos foron:
Despois de preparala e decorala ao noso gusto, botámolle comida para paxaros e as colocamos en diferentes lugares do noso cole, preo das zonas verdes onde normalmente andan os paxaros.
IMAXES

- Un cartón de litro baleiro
- Cordas
- Pinturas
- Tesoiras
- Comida para paxaros
Despois de preparala e decorala ao noso gusto, botámolle comida para paxaros e as colocamos en diferentes lugares do noso cole, preo das zonas verdes onde normalmente andan os paxaros.
IMAXES
O GALEGO É DE TODOS
PREMIO CORRELINGUA 2015
O seguinte traballo audiovisual, levado a cabo polo equipo de dinamización lingüística e o departamento de educación artística, foi unha proposta que naceu cara a participar no certame do Correlingua, unha organización sen ánimo de lucro, que favorece e promove o uso do noso idioma entre a xente máis nova.
A partir da idea da mestra de Lingua galega , Ana Otero, xunto co apoio artístico da mestra de música Pili Bastón, propúsoselle a idea aos nosos alumnos da ESO, quen de forma voluntaria se animaron a colaborar neste proxecto onde a arte lingúistica, musical e interpretativa van da man.
Por este motivo debe estar neste blog, que ten como finalidade impulsar e motivar ao alumnado a crear e a expresar os seus sentires, ideas e accións.
Trala creación da letra do rap, buscamos unha música coa sorte de que un rapero nos regalara unha da súa propia colleita. De ahí fomos a un verdadeiro estudo de gravación e finalmente chegou a parte interpretativa. Cada alumnos tiña que poñerse na pel dun galego ou galega, de calquera sitio de Galicia e que desenvolvera unha actividade, cada cal máis diferente.En ambentes creados coas novas tecnoloxías e pizarra dixital ou nos exteriores de onde se sitúa o centro, conseguimos esta fermosa creación, da cal estamos tod@s moi orgullos@s.
Finalmente,para a nosa grata sorpresa, este vídeo gañou o concurso do Correlingua 2015, feito que nos orgullece e nos da pulo para seguir traballando polos nosos alumnos, para que se amosen como son , e descubran e esterioricen as súas aptitudes artísticas.
(enlace CORRELINGUA, LA VOZ DE GALICIA)
15 mar 2015
1 mar 2015
MENINAS
OS ALUMNOS DE 1º DA ESO DESEÑARON MENINAS VESTIDAS CON ROUPAS PROPIAS DA ÉPOCA, UTILIZANDO DIFERENTES MATERIAIS E ESTILOS.
PREME ENRIBA DA IMAXE PARA VER OS RESULTADOS.
PREME ENRIBA DA IMAXE PARA VER OS RESULTADOS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)