APRENDEMOS XUNTOS
Comezamos as nosas actividades escénicas no proxecto "APRENDEMOS XUNTOS" onde os alumnos de 2º ESO baixo a dirección da profesora de Lingua Galegas, Ana Otero, representaron unha divertidísima e moi creativa obra titulada "A FUNDACIÓN GRANXA- ESCOLA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA".Nela puidemos ver coma os diferentes personaxes dos contos clásicos , Hansel e Gretel, Carapuchiña Vermella ,e Brancaneves, se atopan no bosque o compartían diálogos escenas e situacións diversas.
Tendo en conta que o tempo para a preparación desta representación foi moi curto, apenas dúas semanas, temos que darlle a noraboa aos compoñentes deste grupo polo ben que o fixeron ante un auditorio repleto ao que eles non estaban acostumados.
A continuación podedes ver a parte da súa actuación.
FUNCIÓN DE NADAL
TAMÉN O NADAL E UNHA CELEBRACIÓN MOI APROPIADA PARA AS ARTES ESCÉNICAS. TODOS OS ANOS CHEGADA ESTA DATA OS ALUMNOS DE E. INFANTIL E E. PRIMARIA PREPARAN UNHA PEQUENA OBRA DE TEATRO, ONDE AMOSAN AS SÚAS DESTREZAS EXPRESIVAS E INTERPRETATIVAS, ÁS VECES ESCONDIDAS ATA QUE CHEGA UN MOMENTO COMO ESTE.
A CONTINUACIÓN PODEDES VER OS VÍDEOS QUE, DE FORMA RESUMIDA , AMOSAN O DITO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario